A noite da cultura galega

MARTA F.PEDRERA VIGO

VIGO

Os Premios da Crítica reúnen en Vigo a persoeiros das letras e das artes, políticos, empresarios e xuristas A tradicional cea das Letras Galegas convocou a noite do sábado en Vigo a xentes das letras e das artes, pero tamén da política ou da empresa, que foron testigos da entrega dos vixésimo terceiros Premios da Crítica. No decurso dunha cea que se celebrou en Samil e que reuniu a unhas 300 persoas, tamén resultou distinguido un novo Galego Egrexio: a editorial Galaxia.

21 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

O presidente da Fundación dos Premios da Crítica, Xosé González, asegurou ó inicio do acto que seguiu á cea que «a arte vai sempre por diante do poder» e citou como exemplo o caso da editorial Galaxia, que naceu nun ano, 1950, «que non era o máis axeitado para poñerse con galeguismos».A primeira figura de Sargadelos dos Premios da Crítica foi parar ás mans do escritor, traductor e profesor de instituto Bieito Iglesias, gañador na modalidade de creación literaria coa obra O mellor francés en Barcelona. Natural de Quintián, pobo de Ourense onde aprendeu a amar o galego, Iglesias lembrou que «ata os 40 anos» estivo «bastante lixeiro de equipaxe en materia de premios», que empezou a acumular a partir do ano pasado (en que recibiu o Merlín e o Cidade de Salamanca). O escritor ourensán ten publicados contos (Aventura en Nassau), relatos policiais (Miss Ourense), novela (Vento de seda) e ensaio.O xornalista Luís Álvarez Pousa recolleu o premio de ensaio cunha obra _A identidade fronte a rede_ coa que, como el mesmo explicou, pretendía reflexionar «sobre a sociedade da información» e o papel dos medios de comunicación, «que precisan dunha democratización interna».Debido a ausencia de Román Rodríguez González, gañador do premio de investigación, recolleu a figura de Sargadelos o editor Bieito Ledo, xa que a obra galardoada, De aldeas e cidades (un estudio sobre o urbanismo de Galicia), foi publicada por Ir Indo. Ledo explicou que o seu autor fai nela «unha defensa do espacio como territorio onde podamos atoparnos todos».O premio de ciencias e artes da representación, otorgado a Caixavigo e Ourense, foi recollido polo subdirector desta caixa de aforros, José Luis Pego, que sinalou que é un dos primeiros galardóns que recibe a nova entidade financieira.Un dos componentes do coro Ultreia recolleu o premio da música pola edición fonográfica do Códice Calixtino e lembrou que esta foi unha obra íntegramente galega.O premio de iniciativas culturais, que recaeu na Semana Galega da Filosofía foi recollido por Carmen Aranda, que agradeceu o galardón en nome de tódolos profesores da Aula Castelao de Filosofía.