«Serramoura»: Luz está desaparecida e o serradoiro, en perigo

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

hadri_RL

O cuartel afronta unha crise sen precedentes no capítulo de hoxe (TVG, 22.25 h)

08 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O cuartel de Serramoura está en alerta. Enfróntase a unha crise sen precedentes. Luz está desaparecida e hai unha bomba na localidade. Sen dubidar nin un segundo, Tomás e o seu equipo organiza un amplo dispositivo para garantir a seguridade na vila.

Alleos aos problemas que alteran o cuartel da vila, os veciños de Serramoura presencian un conflito que pode acabar coa forma de sustento de toda Serramoura: o serradoiro. Teresa Soutelo está farta de tratar con Raquel e Gloria e ser testemuña do que as súas socias fan cada día á fronte da súa empresa, polo que non ve mellor solución que pechar o serradoiro e mandar a todos os traballadores para casa.

Mentres tanto, Santos segue adiante co encargo de Diana de atopar o tesouro de Bolaño. Pero o quel non sospeitaba é que Senra tamén anda detrás del.

Por outra banda, Marga acaba de descubrir a identidade do seu pai, e a sorpresa é maiúscula. ¿Estará ela disposta a recuperar o tempo perdido? As respostas, hoxe na TVG (22.25 h).