Miguelanxo Prado: «O porco bravo foi collendo un punto presuntuoso e cool»

La Voz

TELEVISIÓN

m. mÍGUEZ< / span>

27 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

É o pai do Xabarín e dos seus colegas. Así que fala del como de alguén que foi medrando e sacando pouco a pouco a súa personalidade.

-¿Como chegou ao porco bravo?

-Gonzalo Pintos, o primeiro realizador, insistía sempre en que lle gustaría ter un camión de porcos, e a partir daquela idea e do feito que temos os bravos e os de cortello, decidimos que fose un porco bravo, máis asilvestrado, espabilado e gamberro, e a súa panda de cortello. E substituímos o camión polo autobús escolar que vai polo rural.

-¿Pensouse noutras mascotas?

-Empezamos polos animais máis obvios. Máis de aldeíña, da propia literatura infantil, coelliños, pero logo xa lle dimos voltas á idea dun animal que tamén representase mellor o noso contexto e a galeguidade.

-¿Como foi evolucionando a súa imaxe?

-Calquera personaxe no que pensemos foi evolucionando, é algo natural. O Xabarín tamén intentaba reflectir o público ao que se dirixía. O último cambio foi cando pasou de ser un rapaz de colores a poñerse un pouco máis cool, máis adolescente. A personalidade foise desenvolvendo e o Xabarín foi collendo un punto presuntuoso e cool.