06 ene 2011 . Actualizado a las 02:00 h.
reportaxe | 21.40
Mobilízate
detense hoxe nos furanchos, uns establecementos tradicionais dos máis característicos de Galicia. Ideados como un medio de dar saída ao remanente de viño de cada colleita, constitúen na súa tempada de apertura unha das citas obrigadas para que os veciños se reúnan, como noutro tempo, arredor dunha cunca a cantar e contar contos. As distintas iniciativas de ilegalización por competencia desleal puxeron en perigo a súa supervivencia. Loitan contra o sambenito de seren restaurantes encubertos.