Dani Guzmán prepara unha dourada á bilbaína

La Voz

TELEVISIÓN

CONCURSO | 22.30

O cociñeiro de V Televisión propón hoxe de menú unha dourada á bilbaína que vai acompañar con trigo tenro. Dani Guzmán tamén resolverá unha pregunta moi frecuente: ¿é certo que os produtos light non engordan? Amais, falará sobre normas de cortesía para a sobremesa e rematará o programa elaborando un cóctel sen alcol.