«Galego con curso» aborda as diferenzas entre soño e sono

La Voz

TELEVISIÓN

03 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

CONCURSO | 20.05

No Galego con curso

de hoxe falaremos dun dos grandes praceres da vida, durmir. Coa axuda da profesora Sandra Faginas e a colaboración e as dúbidas dos alumnos-concursantes veremos as diferenzas de significado que existen entre as palabras sono e soño , conxugaremos o presente de indicativo do verbo durmir que presenta alternancia vocálica. Os espectadores tamén poderán estudar nesta entrega do programa as formas tónicas dos pronomes que en gramática se coñecen como formas oblicuas libres.