Continúan os retos cotiás para as mulleres protagonistas de «A vida por diante»

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

?ematou o 2006 e comeza un novo ano, pero para as viúvas protagonistas de A vida por diante os retos cotiás continúan. Na serie que se emite hoxe na Televisión de Galicia e que produce Voz Audiovisual, os celos, as lealdades, os problemas íntimos e mais os inicios no traballo serán os temas sobre os que xire o capítulo. Roberto botou unha moza, de nome Clara, que é moi nova e moi guapa. Esta situación desgusta a Renata, que non pode evitar sentir celos da rapaza e, en consecuencia, comeza a buscarlle defectos. Cando a descobre pola rúa en actitude agarimosa cun mozo da súa idade, cre ver confirmadas as súas sospeitas de que non é trigo limpo. Pola súa banda, Sofía decátase de que cando Carliños teña uso de razón ela seguramente xa non o teña, polo que decide deixar algunha lembranza para que o neno saiba como era. A Marta non lle fai moita graza a idea e, nun principio, amósase remisa, pero finalmente axuda a Sofía a gravar un vídeo para Carliños. Preocupacións A situación de Mila tamén é preocupante: finxe unha dor de ventre para non ir á escola, o que deixa a Lucía preocupada, porque ademais a nena non lle di palabra e parece triste e rara. Ao día seguinte, de camiño a clase, está a piques de suicidarse. Por último, Aurora ten un problema eléctrico na perruquería e, como non pode vir o seu electricista de sempre, chama a Quique. Será o seu primeiro encargo, pero non exento de dificultades.