29 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
En Querido John Balan , Ángel Paláez homenaxea ao polifacético músico e actor pontevedrés John Balan, agora nun asilo da súa cidade. Coproducido por TVG e TVE Galicia, con material de arquivo de ambas, ofrécese unha visión xeral da actividade artística de Balan, auténtico home-orquestra. Falan, entre outros, Xosé Luís Blanco, Miguel de Lira, Manuel Rivas e Jesús Quintero.