Baltrusch, novo presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos
TELEVISIÓN
A Asociación Internacional de Estudos Galegos vén de concluír na cidade brasileira de Bahía a oitava edición do seu congreso, no que se renovou a directiva da entidade. O novo presidente é Burghard Baltrusch (Berlín, 1964), profesor de Literatura Portuguesa na Universidade de Vigo. É doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Bonn e as súas liñas de traballo son as literaturas galega e portuguesa contemporáneas, ademais da teoría da tradución. Acompáñano na directiva actual Gabriel Rei-Doval (Universidade de Wisconsin), Olivia Rodríguez e Nieves Rodríguez Brisaboa (Universidade da Coruña), Craig Patterson (Universidade de Stirling), Xulio Sousa e Pilar Cagiao (Universidade de Santiago), e Laura Carballo (Universidade de Vigo) e Marleine Toledo, da Universidade de Sao Paulo. O vindeiro congreso será en Galicia.