Carlos Blanco, a voltas cos alcumes

La Voz

TELEVISIÓN

Este late night semanal da Televisión de Galicia entra en emisión despois dunha enchenta de Os Tonechos, cun especial de máis de tres horas. Somos unha potenzia, con Carlos Blanco á fronte, ocúpase esta noite desa costume tan galega de poñer alcumes a esgalla. Falará do tema co adestrador do Celta Fernando Vázquez e máis co actor Antonio Durán Morris.