«A vida por diante» afronta o penúltimo capítulo e prepara a segunda tempada

La Voz A VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

M. PEREIRO

A audiencia apoiou ata cun 30% do total de espectadores a realidade que reflicte a serie TVG aposta pola historia que narra como sobreviven as viúvas duns mariñeiros de Sada.

03 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?sta noite, A vida por diante , a serie da TVG que conta a vida das familias duns mariñeiros mortos nun naufraxio, chega á súa recta final, xa que ten previsto rematar o vindeiro martes, día 11. E faino co convencemento de ser unha serie histórica en Galicia, porque se trata do primeiro intento de programa realista e dramático sobre a vida dos mariñeiros e o seu medio, feito dende Galicia. A audiencia da TVG soubo nesta tempada de 26 capítulos darse conta do esforzo da produtora e apoiou as emisións ata co 30% de cota de pantalla, o que veu ser o mellor martes da historia da cadea. En outono O necesario éxito da audiencia do espazo garántelle a continuidade do vindeiro curso, xa que Voz Audiovisual, a produtora de A vida por diante está a preparar xa a segunda tempada. Segundo informacións da empresa, TVG ten previsto emitir esta nova entrega no próximo outono. Unha das cousas que máis se destacaron desta nova serie é o realismo á hora de presentar problemas que ata o de agora non eran tales nos programas de televisión: a dureza da vida das viúvas do mar. Dende conflitos persoais -perfilados maxistralmente no primeiro capítulo, onde cada muller quería saber que o seu home estaba vivo, sen pensar no resto- ata as loitas cunha administración deshumanizada, todo apareceu en A vida por diante . O vindeiro martes cumprirase o cabodano da desaparición do cerqueiro Santoña no Cantábrico.