Biblos presenta no Salón do Libro Infantil a obra «Fedorenta»

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

TELEVISIÓN

A editorial galega Biblos presentou onte, no marco del Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra la obra Fedorenta, unha meiga porcallenta , o novo título da súa colección adicada a traducións de literatura infantil. Traducida por Paula Pintos, Fedorenta é un personaxe creado pola escritora inglesa Kaye Umansky e sumamente popular no seu país e Estados Unidos, donde ata ten unha versión en debuxos animados. O libro constitúe o primeiro de unha serie de seis que conforman a colección das aventuras de Pongwiffy ( Fedorenta en galego). A protagonista é unha bruxa nada amiga da limpeza que decide adoptar como animal de compaña a un hamster. Na presentación do volume estaba prevista a participación de Paula Pintos como tradutora y el director literario de Biblos, Tucho Calvo.