«As leis de Celavella» aborda hoxe un complexo caso de asasinato

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

04 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

? Televisión de Galicia ofrecerá esta noite un novo capítulo da serie As leis de Celavella , unha produción de Voz Audiovisual. As intrigas continúan no capítulo que leva por título Santa Teresa , no que o detective Pablo Veiga ten todo un reto ante si, xa que, pese a que está moi acostumado aos desafíos, nesta ocasión é dunha gran complexidade. O avogado metido a detective encargarase da defensa dun home acusado do asasinato cometido contra todo un personaxe na vila, chamado Monterrey, que é un dos homes máis ricos de Celavella, casado cunha muller fermosa moito máis nova ca el e que apareceu morto dun disparo. Nun primeiro momento, todas as probas apuntan cara a Amancio como autor do crime, un home que se atopa en Celavella estudando a vida dos artrópodos, e máis en concreto, a dun insecto chamado mantis relixiosa. O suspense e a intriga tanpouco faltarán esta noite para os seguidores dunha serie moi coidada na súa produción. Máxima audiencia Esta noite se emitirá ademais na TVG un novo programa de máxima audiencia, presentado polo actor Manuel Manquiña. Os compoñentes do mítico grupo asturiano Os Ilegales, unha das referencias de finais dos anos oitenta, pasarán polo escenario para manter unha conversa con Manquiña, quen tamén terá como invitado ao intérprete Ernesto Chao, o álter ego de Miro Pereiro na serie Pratos combinados , unha das máis veteranas das que se emiten na canle autonómica. A presenza de Chao será aproveitada para tentar rescatar a Toni (Antonio Durán, Morris ) do seu profundo sono e darlle, de paso, unha soberana sorpresa ao atoparse no plató co seu cuñado na serie, Miro Pereira.