O Comité e a CRTVG difiren nun 70% sobre a participación na xornada de folga

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

03 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

As porcentaxes de participación na folga de traballadores da TVG, Radio Galega e a Compañía que as xestiona difiren nun 70% se o dato é do comité interempresas, que o cifra nun 90%, ou se é da CRTVG, que estima que foi dun 20%. A Compañía asegurou que emitiron toda a programación prevista con normalidade, e «lamenta non poder asumir legalmente as demandas do comité, que exceden a capacidade de negociación da empresa e o marco sociolaboral galego». Lembra que a parte social rompeu as negociacións.