Entrevista | Xosé Antón Neira Cruz COMISARIO DA MOSTRA «VIAXE DE COSME III DE MEDICIS», QUE PECHA O PROGRAMA DO XACOBEO Conseguir as obras de arte que o proxecto requiría foi difícil, porque segundo Neira Cruz, Italia é un país moi burocratizado no que, ademais, fan falta padriños
08 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.O xornalista, profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación escritor Xosé Antón Neira Cruz adentrouse no mundo da arte pola curiosidade intelectual polos Medicis. É o comisario da exposición A viaxe de Cosme III de Medicis , que pecha a programación do Xacobeo 2004. A mostra, que se inaugura o día 15 no Museo Diocesano de Santiago, é o eixo dun proxecto global que inclué a edición dun cedé coa música que o ilustre viaxeiro escoitou no percorrido pola península, e un curso internacional na Universidade de Santiago. -Fascíname a súa dimensión, e poñer en marcha a exposición foi como transitar por unha novela. Todo empezou durante unha estancia académica en Boloña, na que supen das crónicas da viaxe de Cosme de Medicis porque un profesor veu na ficha que era de Santiago e deu por suposto que o traballo de fin de curso sería sobre esa obra. O manuscrito orixinal, que estará na exposición, é a primeira vez que sae de Florencia. -¿Foi difícil traer pezas? -Moito. Nun país tan burocratizado como Italia e no que necesitas padriños é moi difícil. O conxunto que se vai expoñer en Santiago nunca se presentou xunto en ningunha parte, e hai obras que non foron expostas nin en Florencia. -Daquela, deu cun bo padriño, ¿non? -Si, e cheguei a el por una casualidade afortunadísima. Alberto Bruschi é o editor dun libro que levaba tempo buscando sen éxito, e co que din na libraría florentina dunha filla súa. É é un apaixoado dos Medicis, e entablamos unha relación moi boa. Así que cando me daba por vencido ao non ter respostas ao que buscabamos, puxenlle un correo electrónico. Contestoume preguntando se podía ir a Florencia, e dando cheguei tiñame unha semana de contactos con tódolos coleccionistas habidos e por haber. Cando se gañou a confianza privada abríronse as portas públicas. -¿Cosme de Medicis veu a Santiago como peregrino? -Non. Era un apaixoado da xeografía e da historia, e moi relixioso, polo que foi a cantos santuarios atopou na viaxes. Pero a peregrinación está ligada á súa vida, porque cando naceu estreouse un drama musical na súa honra que se titulaba Il pelegrino . E repetiuse en cada cumpreanos ate que morreu. -¿Que din as crónicas da súa impresión de Santiago? -Que foi mala. Pareceulle un lugar «pobre, feo e inculto». Pero chamoulle a tenación o botafumeiro e o rito do abrazo ao póstolo. -¿Ónde se aloxou? -No convento de San Domingos de Bonaval. Facía a viaxe de incógnito e optou por mosteiros, conventos e pousadas. Indo cara Coruña durmiu en Ordes, nunha parada de postas na que tamén pernoctaron Catalina de Aragón e Carlos V. A casa aínda existe, pero fixeron unha restauración horrenda.