Entrevista | Ana Kiro A cantante galega máis popular afronta o seu primeiro papel como actriz ao protagonizar a nova serie da TVG que arranca mañá ás dez da noite
18 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.?añá volverá, dende a pequena pantalla, a todos os fogares galegos. A cantante máis popular da comunidade enfróntase ao seu primeiro papel como actriz. Protagoniza a serie estrela da nova tempada da Televisión de Galicia, que arranca mañá pola noite. Fala moito, ri máis aínda e asegura que non ten medo ás cifras de audiencia. Ela sabe que o público estará con ela nesta nova aventura. Coma sempre. - Cantante, presentadora de «Tardes de Ana» e agora, actriz. ¿Síntese máis cómoda cun micrófono diante ou cunha cámara? -Eu son un pouco camaleónica e me sinto cómoda de todas as maneiras. Agora facendo a serie síntome coma se estivera na miña casa. Será tamén porque hai un equipo de xente estupenda, dende o director, Quico Cadaval aos primeiros actores, Marcos Orsi e Carolina Vázquez. Trátanme moi ben, mímanme moito e eu estou encantada da vida. -Este é o seu primeiro papel como actriz. ¿Supón un novo reto? -Dende logo. Eu tiña moitísimo medo antes de poñerme a rodar o primeiro capítulo. Agora xa estou tranquila porque no equipo dinme que estou moi natural, que son a persoa de sempre. Era o que eu pretendía: ser creíble no meu papel de sogra. - Na serie interpreta a un persoaxe difícil. Xa sabe da mala fama que ten as sogras. ¿Tratará de rachar co estereotipo? - Non. Vou ser esa típica sogra, pero o meu xenro pensa que as broncas tremendas que eu lle solto son para que el se supere. O leva moi ben. Eso fai que, no fondo, eu o admire e pense que non é mal rapaz. - O gran contador de contos Quico Cadaval dirixe a serie. ¿Cómo resulta a experiencia de traballar con el? -Marabillosa. Hai na rodaxe un ambiente impresionante. Non é difícil ser actriz se quen te dirixe é Quico Cadaval. -Ides competir no horario de «prime time» con series como «Ana y los siete», avaladas polo éxito. ¿Da medo enfrontarse aos datos de audiencia? -Podo pecar de confianza no meu público, pero nos trinta e seis anos que levo de carreira, nunca deixáronme soa. Sei que estarán aí, para ver que fai a súa Aniña. -¿Qué diría ás persoas que mañán á noite sentaran no sofá a ver a serie? -Que vailles encantar. Que sigan cada capítulo, que van gustar moitísimo.