Entrevista | Belén Regueira PRESENTADORA DA TVG Comezou a súa andanza pola TVG hai seis anos. Agora presenta nesta canle o programa informativo «A Revista»
10 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Belén Regueira é un dos rostros das mañás da Televisión de Galicia. Aos seus 26 anos, esta xornalista pasou por varios programas da televisión antes de presentar A Revista. A próxima semana marcha de vacacións, despois de ensinarnos durante todo o ano o máis destacado que acontece cada día na nosa comunidade. -¿Canto tempo hai que traballa na TVG? -Levo máis de seis anos. Comencei facendo prácticas e xa quedei aquí. Pasei por varios programas antes de presentar A Revista . -¿O traballo foi sempre diante das cámaras? -Non sempre. Tamén estiven traballando de redactora, pero ser presentadora de televisión foi algo casual. A miña idea inicial era traballar nun medio de comunicación pero non pensaba en poñerme diante da cámara ata que me ofreceron esa posibilidade. -¿Cal foi o primeiro programa que presentou? -Empecei no programa Chambo. Era un espazo musical innovador onde dábamos cabida a grupos de xente nova e da nosa terra. O ambiente de traballo era moi bo. -E o paso seguinte ¿cal foi? -Despois pasei a traballar no magacine Tardes con Ana , logo no informativo Galicia directo onde tiña un labor de redactora. Tamén estiven en A Revista Fin de Semana e durante dous anos no matinal Bos días. -¿Cando empeza en «A Revista»? -Xa levo un ano e medio, pero estou de maneira circunstancial. Chamáronme porque a presentadora habitual, Elena Soto, está de baixa por maternidade. -En «A Revista » , ¿hai o mesmo bo ambiente que en Chamb ? -A verdade é que tamén se traballa moi a gusto. Neste programa hai tanto xente nova que empeza con moita ilusión como veteranos. Penso que esta complementación está dando moi bo resultado. -¿Que contidos ten «A Revista»? - Fundamentalmente é un espazo informativo no que se inclúe un informativo local, un informativo para xordos e o agro . -Como profesional da televisión, ¿que opina da creación da segunda canle autonómica en Galicia? -Dende o punto de vista de xornalista penso que é unha idea moi interesante porque permitirá facer cousas para públicos moi diferentes, dando unha idea moito máis plural e máis ampla, permitindo ademais investigar sobre novas linguaxes. Por outro lado, haberá máis traballo e, por tanto, máis posibilidades de traballar na nosa comunidade . -Despois de pasar por diferentes programas, ¿onde lle gustaría chegar?