TVG estrea un programa de información en directo desde a ruta xacobea

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

22 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Televisión de Galicia e a Radio Galega inician conxuntamente hoxe, luns, un programa para dar a coñecer o Camiño de Santiago. Seis profesionais dos medios públicos galegos, encabezados polos xornalistas Carlos Portas e Alberto Rivero e apoiados por unha unidade móbil, transmitirán cada día, en directo, as incidencias propias dun peregrino. As motivacións, ledicias e incidencias propias do Camiño narraranse nos distintos espazos informativos da TVG e tamén nos distintos programas da Radio Galega ó longo de 21 etapas, algo que a canle autonómica califica de experiencia única.