«Hai demasiada lírica que se perde na lírica, e este libro ten alma»

Concha Pino SANTIAGO

TELEVISIÓN

Entrevista |Alberto Avendaño

25 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Galaxia presenta esta tarde Texas , o libro co que Alberto Avendaño, un dos integrantes de Rompente, o grupo que a finais dos 70 rachaba co seu radicalismo estético con recitais nos que integran á palabra música e imaxes. -¿Volve á poesía pola lírica das emocións? -Nunca deixei de ser poeta, pero demostroumo Freixanos hai dous anos o me preguntar se seguía escribindo. Respondinlle sacando estes poemas, retazos, flashes e experiencias de seis anos en Texas. Fíxome ver que non son poemas ó uso, que son o producto dun destilado de emocións, da realidade. -¿Recupera a rebeldía de Rompente? -Ó final deste libro está Galicia. A poesía reapareceu en min en Texas, o lúdico, lírico e lascivo de Rompente e aquela capacidade de reacción que tiñamos. É un dos libros máis meu, íntimo e persoal. O meu ego síntese como dios, porque compárano con Poeta en Nova York , de Lorca, din que evoca as crónicas de motel de Sam Shepard e a Borges. -¿Que lle aporta á literatura galega? -Din que a estética da mestizaxe, persoalidade e algo moi único. Eu concíboo así. Hai demasiada lírica que se perde na lírica, ombigos que se miran a si mesmos, e fáltanos alma na creación. Aínda que soe a telenovela, ¡este libro ten a hostia de alma! -Lonxe da morriña. -A morriña solucionoa abrigándo á miña muller a facer cocido no inverso e comprando albariño. Se usas a nostalxia para facer creación, fodíchela.