Os premios honoríficos recuperan o pasado recente do cine galego

La Voz

TELEVISIÓN

A Academia instituíu tres galardóns para recuperar e homenaxear a figuras destacadas A Academia Galega entregará as tres estatuíñas na cerimonia que terá lugar esta noite

06 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A primeira edición dos premios Mestre Mateo ten tres nomes que non estarán sometidos ó suspense da deliberación. Tres nomes de persoas vencelladas ó cine que terá nesta noite do audiovisual un recoñecemento ás súas actividades. Tres nomes para tres premios. O Chano Piñeiro, para destacar a revelación cada ano do audiovisual galego, será para o actor Celso Bugallo, quen deslumbrou no seu traballo por Los lunes al sol. O premio especial José Sallier, quere servir para recoñecer a difusión e estudio do cine en Galicia realizada polo profesor Ángel Luis Hueso. O terceiro dos premios honoríficos que se entregarán na cerimonia leva o nome de Fernando Rey e será para o productor Víctor Ruppén. A gala comezará ás 21 horas no Pazo de congresos de Santiago e será emitida pola TVG en falso directo, a partir das 23.30 horas. O actor Javier Veiga presentará esta cerimonia que repasará a producción audiovisual do 2002 no país.