«Aprendín a tocar a arpa de forma autodidacta»

Ángel Varela A CORUÑA

TELEVISIÓN

O artista repasa a súa traxectoria musical e os fitos que o converteron nun clásico en vida da historia sonora recente do país

16 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Emilio Cao é un histórico moi vivo. Expliquémonos. Despois de vintaséis anos no mundillo musical, e tras firmar discos que supuxeron un antes e un despois para a música galega, Cao segue a crear. De todo eso e de máis falamos cun artistas fundamental na historia sonora do país. -¿Cómo se coñecen a arpa e Emilio Cao? -As cousas más importantes da vida sempre se producen de forma casual, como foi no meu caso o contacto coa arpa. Compreina na Coruña nunha tenda de instrumentos de segunda man. Viña de facer un concerto de rock cos cartos no peto e gasteinos aí. Os primeiros días dediqueime a mirar para ela porque me fascinaba a súa estética. Empecei a tocala de maneira totalmente autodidacta. Ata despois de que o meu primeiro disco estivera editado nunca escoitei en directo outra arpa. -¿Como recorda o seu debut en 1977 co álbum «Fonte do Araño»? -Faláranme dun productor que había na Coruña que era Nonito Pereira, e leveille unha maqueta. Os poucos días fomos a Madrid a firmar un contrato con Ariola. Gravamos en tres días e dedicamos outro ás mezclas. -Contado así, semella un comezo fácil, sobre todo tendo en conta os obstáculos que agora ten un grupo para gravar. -E que hai que ter a convicción moi clara do que vas a facer. Agora teño unha parte dunha editora discográfica e pásame o mismo con algún músico: que tes unha sensación especial con él e decídeste a gravalo. -A súa aparición na escena galega supuxo un antes e un despois na música do país. -Penso que non é bo que chegue un éxito tan grande co primeiro disco. Pasas a ter automaticamente unha consideración de artista a nivel social, pero a nivel persoal é extrano aínda que é marabilloso. - Tamén triunfou moi pronto no extranxeiro. -Penso que os galegos éramos algo éxotico, porque a música que se coñecía fóra de España era o flamenco. Ese exotismo foi un activo porque faciamos esquemas musicais distintos, o cal xogaba o noso favor. - Vostede dedicou discos enteiros a escritores como Manuel Antonio en «Cartas mariñas» ou Cunqueiro en «Sinbad en Galicia», ¿como xurdiu esa relación cos autores? -Sempre estaba lendo e relendo De catro a catro de Manuel Antonio, que foi o meu libro de cabeceira nas miñas viaxes. Aínda que a súa métrica é moi difícil, acabei tendo un feixe de cancións del. Con Novoneira tiña tamén unha relación cercana, sobre todo pola visión do mundo que tiña. En Galicia temos un nivel de calidade na poesía incrible. -¿Que pensa de etiquetas como a de música celta? -Nos comezos o público asociaba a música celta á marcha, e esa non era a miña opción. Pensaba que era unha etiqueta que nos limitaba, pero agora opino que é positiva porque serve para que a xente se acerque a verte e iso é bo para todos. A min non me preocupa tanto o feito científico de se vimos dos celtas, e algo que me dá risa, pero si que me parece ben que a sociedade galega soñe que ten algo de celta. Soñar que somos celtas está ben.