Critican que o programa SOL só recolla literatura escrita en español

La Voz LAVOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

Escritores e especialistas en literatura infantil e xuvenil de Galicia, País Vasco e Cataluña cuestionaron a ausencia de obras dos respectivos sistemas literarios no Servicio de Orientación Lectora, SOL, accesible en Internet a través da web www.sol-e.com, trala súa presentación no Congreso Hispano-Luso de Literatura Infantil e Xuvenil , clausurado onte en Santiago. O SOL é unha iniciativa da Federación de Gremios de Editorres de España e a Fundación Sánchez Ruipérez con financiación do Ministerio de Educación, co obxectivo de fomentar a lectura e dar un servicio fácil e de calidade sobre os libros.