A TVG volve a apostar polo humor e programa «Con perdón» para o verán

Cámaras ocultas, entrevistas impertinentes e famosos enganados son as claves do novo espacio A Televisión de Galicia estrea esta noite, ó carón das 21.45 horas, o programa de humor «Con perdón», da man de Sonia López e Manel Loureiro. Nesta primeira emisión, contarase coa presencia de convidados moi especiais, como Luís Zahera «Petróleo», así como con Jesús Vázquez e outras caras moi coñecidas da Televisión de Galicia. «Con perdón» volve deste xeito a TVG, coa súa liña humorística. Técnicos buscando actores de urxencia para unha serie, cámaras ocultas e entrevistas imposibles son o sal do programa.


A CORUÑA

Petróleo abandona durante 90 minutos as súas Mareas Vivas para tentar se-lo presentador suplente nesta nova sección do programa. Tentar... vaino tentar, pero o director do programa, don Antonio, non as ten todas con el... Para botarlle máis leña ó lume, o particular rexedor, Renato, meterase polo medio das absurdas situacións xeradas ó longo do programa.Mentres, unha improvisada gravación dunha serie de televisión -gravada nunha rúa compostelá- precisará con toda urxencia un actor de emerxencia , e nada mellor que «propoñerllo ós transeúntes» que pasan polo improvisado escenario . ¿Cómo reaccionará a xente? Haberá que velo, porque os actores e actrices -sobradamente coñecidos polos espectadores da TVG- que gravan as secuencias da teleserie, non llo van poñer moi fácil.Tamén se poderá ver outra absurda situación: ¿qué garda o sombreiro que suxeitan os transeúntes, apoiados na parede? ¿Será realmente un paxaro? ¿Non será outra das bromas do Con perdón ? Pero os motivos de riso non rematan aí. Veremos tamén a patinadora que precisa da axuda da xente para repartir paquetes nos coches dun aparcadoiro porque non é moi experta.Por se todo isto fose pouco, aínda queda a entrevista indiscreta que Nuria Sáinz lle fixo ó presentador ferrolán Jesús Vázquez, que non dubidou en amosa-la súa faciana de máis carácter e enfurruñamento mentres a suposta entrevistadora o ía sacando de quicio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A TVG volve a apostar polo humor e programa «Con perdón» para o verán