«O cómic tamén é literatura»

REDACCIÓN A CORUÑA

TELEVISIÓN

XOÁN A. SOLER

Fausto Isorna, director artístico de «Golfiño» A revista de banda deseñada «Golfiño» chega este venres ó terceiro número da súa nova etapa. O seu director artístico, Fausto Isorna, asegura que iste é un producto de éxito que intenta chegar a un público de tóda-las edades e recuperar a mellor tradición dos cómics clásicos. A terceira entrega de «Golfiño» leva cada venres ó quiosco da man de La Voz de Galicia toda unha escudería de personaxes que prometen chegar a converterse nos Carpanta ou Mortadelo e Filemón da banda deseñada en galego.

28 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Golfiño é un proxecto nacido ó alimón da iniciativa que Miguel Vázquez Freire e Fausto Isorna, director e director artístico da publicación respectivamente, puxeron en marcha co apoio da editorial Xerais e agora retomaron gracias ó impulso de La Voz de Galicia. Isorna adícase ó deseño gráfico no ámbito editorial, pero sempre vencellado á banda deseñada desde os oitenta. ¿¿Que supuxo o nacemento de «Golfiño»? ¿As revistas de banda deseñada que se facían ata entón eran militantes, feitas por debuxantes que as sacaban adiante máis mal que ben. Pero nós non queríamos facer un fanzine, senon montar algo que tivese detrás un tecido industrial arredor da historieta. Aquí había moi bos profesionais pero non había vehículos. Xerais nos apoiou moito, pero a estratexia de chegar periodicamente ó quiosco non resultou. Entón apareceu La Voz, que é o ideal, porque o cómic naceu en prensa. Ademais, o feito de facer unha publicación semanal permite recuperar un mercado que desapareceu nos anos setenta ou oitenta cun producto para tódolos públicos. Recuperamos a mellor tradición de Pulgarcito e do TBO . ¿¿É unha dificultade o feito de facer un producto para públicos de tódalas edades? ¿Un lector vai a unha revista buscando algo que lle gusta. Non é necesario que lle guste íntegramente a todo o mundo. A pesar da variedade, cremos que é un producto moi cohesionado formalmente e que non hai caídas de calidade. Temos un afán universal de chegar a moita xente, de ser un refresco semanal no medio da prensa e de recuperar algo que se perdeu, porque hai anos Pulgarcito entraba nas casas e se lía con toda naturalidade. ¿¿Cales son as metas? ¿Temos esperanzas, cifras, pero o máis importante é que os lectores se apropien dos personaxes e que agarden a que a revista chegue o venres ó quiosco. Creo que Golfiño é un producto que recupera a tradición pero é totalmente novidoso. Creo que terá éxito e non é vaidade. É importante que se poida manter e que os profesionais vivan da banda deseñada, que é unha industria máis. ¿¿O cómic é literatura? ¿Sí. Os debuxantes tamén escribimos, nos dedicamos nos diálogos igual que ás imáxes. Co cómic tamén se poden contar moitas cousas.