ENTOMODELFOS

La Voz

TELEVISIÓN

EVA MEJUTO, responsable de prensa da editorial Kalandraca

20 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

«O libro é o mellor amigo do home, e o can tamén», dixo nunha ocasión o rexedor desta vila que, cando era novo, fixera a proeza de ler un libro enteiro (¡Que bárbaro!). Persoas deste intelecto atopaba Ramón Lamote, profesor de chairego e organizador de corridas de nubes. Personaxe singular, home raro que sabe de cousas raras. Lamote é un tolo necesario que desde a súa lucidez loita con pancadas de imaxinación contra vaidades e hipocrisías. Paco Martín enfía con humor retranqueiro os feitos cotiáns, surrealistas e delirantes dunha vila que agarda a chegada dun tal Reparante, que quere ter na casa un Entomodelfo e anceia gañar un Marmolubio. A súa intención era escribir sobre un personaxe que fixese «de notario social, descubridor ¿que non xuíz¿ das mediocridades e pobrezas de cada un de nós». Lin a Lamote con 11 anos, cando gañou o Nacional de Literatura. Desde entón, segue no meu recanto dos libros especiais, dos que cómpre ler de cando en cando, para comprobar que en cada lectura segue a abrollar un sorriso novo.