Iniciativa sen precedentes para unha data sinalada

La Voz

TELEVISIÓN

La Voz de Galicia naceu o 4 de xaneiro de 1882 no número 19 da rúa San Andrés, da Coruña, e constaba por entón de catro páxinas

01 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Nestes 120 anos, que se cumprirán o venres, La Voz converteuse no periódico de referencia de Galicia e nunha das principais cabeceiras nacionais. Para conmemora-la fructífera historia que separa estas dúas datas tan sinaladas, La Voz pon en marcha a Biblioteca 120, un proxecto editorial sen precedentes que porá ó público galego en contacto directo cos principais valores da súa cultura. A colección está integrada por un total de 120 obras de autores destacados da literatura galega, que van dende os recoñecidos nomes clásicos ata os valores actuais consagrados. Edición de luxo Os libros, cunha encadernación de luxo en tapa dura e gravada en ouro, ofreceránse ós lectores cada martes e xoves deste ano polo prezo de un euro. As entregas arrincarán o próximo domingo coa entrega dos dous primeiros volumes, un deles como agasallo de Reis. Trátase de Follas novas, de Rosalía de Castro, e o primeiro volume de Sempre en Galiza, de Castelao. Os subscriptores de La Voz, que desfrutarán dun desconto dun dez por cento sobre o prezo da colección e poderán recibila no seu domicilio sen gastos de envío, poden formular as súas reservas ou consultas a través do número de teléfono 902 15 42 18.