O Museo do Pobo Galego, un cuarto de século ó servicio da memoria colectiva

CONCHA PINO SANTIAGO

TELEVISIÓN

O centro ubicado en Santiago superou retos que o levan a se converter no gran referente da historia de Galicia O Museo do Pobo Galego acaba de cumprir veinticinco anos de existencia. Hai un cuarto de século, vintesete persoeiros de diferentes ámbitos da cultura déronlle pulo ó vello soño da Xeración Nós de crear un centro no que tódolos galegos se poideran recoñecer. Eran conscentes da necesidade de salvagardar, defender, investigar e estudiar a identidade do pobo galego. Tralos precarios comenzos, este museo de referencia para a antropoloxía sociocultural representa a memoria colectiva do país e actúa como foro de dinamización cultural. O reto que se propón afrontar agora é converterse no gran Museo da Historia de Galicia.

15 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O Padroado do Museo creouse o 24 de abril do 1976, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago. Pero non se constituiu formalmente ata o 31 de xullo daquel mesmo ano, unhas semanas despois de que o daquela ministro do Interior, Manuel Fraga, aprobara os estatutos. Naquela asamblea, Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, foi elexido o seu primeiro presidente, cargo que ocupou ata o seu pasamento, en 1989. Sucedeuno Antonio Fraguas ata a súa morte, en novembro do 99. O terceiro e actual presidente é Isaac Díaz Pardo. A vontade e o desexo de poñer en marcha aquel proxecto podía máis cas adversidades. Non tiñan patrimonio nen locais. E ahí xogou un papel clave o Concello de Santiago, que nunha sesión plenaria celebrado o 21 de febreiro do 1977 acorda cederlles o antigo convento de San Domingos de Bonaval, un espacio excepcional que se foi restaurado ós poucos e que mellorou as súas dotacións e equipamentos. Doazóns Algo máis da metade do patrimonio do Museo do Pobo procede de doazóns, e o 34% do material que atesoura teno en depósito, e só un 12% foi adquirido. A meirande cantidade de pezas está en almacens, porque tan só o 20% está exposto en salas temáticas. Hoxe máis ca nunca, as actividades do Museo do Pobo Galego transcenden as dun espacio museístico como tal, con iniciativas participativas de interés xeral. Na súa vontade de apertura á sociedade, cede as súas instalacións para exposicións, encontros e actos de distintas entidades. Considerado «centro sintetizador» dos museos e coleccións de antropoloxía, estivo estre os que promoveron, en 1990, o Consello de Museos, do que ostenta a secretaría permanente. Recibe arredor de cen mil visitantes ó ano, algo máis da metade galegos.