Abismos, lugar de encontro cos novos narradores

La Voz

TELEVISIÓN

22 feb 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Como punto de encontro profundo e renovador da literatura galega nace Abismos, unha nova colección de Edicións Xerais coordenada por Fran Alonso, que na presentación dos tres primeiros títulos que tivo lugar onte na libraría Couceiro de Santiago definiu esta iniciativa de «plataforma para a rebelión, cita coas novas voces e unha casa okupada e tamén liberada para os autores e autoras que entren a esta casa abismal» . Narradoras, o libro que abre a colección, recolle os relatos cortos de 25 escritoras, diferentes e plurales en estilos e traxectorias, porque entre as hai noveles, poetisas que se adentran na narracción e veteranas na escrita que teñen publicado en revistas e xornais pero non un libro. O segundo título é Dubido se matei a Lena, de Medos Romero, unha ATS autora de tres poemarios que se adentra na narrativa cun fato de microrrelatos. Tute para catro, o terceiro volume, é a ópera prima do xornalista de La Voz de Galicia Xesús Fraga, que a xuizo do profesor e crítico literario Armando Requeixo, é como unha noite de néboa na que «reenfoca a revisión do mundo vilego e semiurbano galego, capturando a vertixe da súa transformación».