A pesar da orixe neoprofesional da producción e da limitada experiencia cinematográfica de José Signo, a restauración dunha das primeiras longametraxes de ficción galega permitirá entender mellor a etapa do cine mudo en Galicia e agárdase a poder ter súa estrea para a primavera próxima.
08 oct 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Hai que destacar que a obra de Castelao foi moi escasamente tratada no cine, xa que á parte o filme de Signo, só o afrontou o realizador galego Miguel Castelo en 1977 para a curtametraxe O pai de Migueliño. Castelao, actor Sen embargo o rianxeiro participou como actor na mentada Miss Ledya, debuxou a comezos de 1936 os títulos de Galicia de Carlos Velo, e mesmo apareceu recreado na curtametraxe de Chano Piñeiro Os paxaros morren no aire, de 1978. O propio C.G.A.I. traballa tamén na restauración da curtametraxe documental de cinco minutos de duración Castelao en Baía Blanca e restaurou numerosas filmacións dos anos corenta nas que sobresae a súa faceta de home político, recollidas polo documentalista ourensán Eligio González e agrupados agora baixo o título Imaxes de Castelao. Este mesmo filmador, xunto co fotógrafo Manuel Ferrol, colaboraría con Jorge Prelorán na súa documental Castelao, producida en 1980 e estreada en Galicia en 1984.