Alerta no cuartel despois do segundo ataque a Santos

H. R. REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

A actriz Paula Cereixo interpreta a misteriosa asesina
A actriz Paula Cereixo interpreta a misteriosa asesina

TVG emite esta noite un novo capítulo de «A lei de Santos»

23 ene 2022 . Actualizado a las 19:12 h.

Esta noite a partir das 23.00 horas Televisión de Galicia emite un novo capítulo da serie protagonizada polo actor Monti Castiñerias, Andrés Giráldez, Federico Pérez e Lidia Veiga, entre outros.

No cuartel de Viladesantos están moi ocupados intentado descubrir a identidade da misteriosa asasina que atacou a Santos. E tamén o motivo polo que o fixo. Polo de agora, o que saben é que o ataque de Santos produciuse nun sitio apartado, perfecto para unha emboscada. Ademais do coche de Santos, no cuartel da vila saben que houbo outro implicado xa que atoparon rodeiras na mesma estrada. Por sorte para Santos alguén interrompeu o ataque, pero iso supoñía un problema pois a teoría que manexaban no cuartel era que, se o asasino era un profesional, era moi probable que atacase de novo, como así foi.

A asasina tamén fracasou no seu segundo intento e o sangue non chegou ao río. Santos segue grave no hospital, vivindo unha realidade paralela nos seus soños. Sen perder de vista os avances no cuartel, Uxía segue adiante na súa investigación paralela sobre o ataque ao seu pai. Con todo o esforzo que supón para ela traballar sen o apoio da Garda Civil, o desánimo non tarda en aparecer debido aos poucos avances que tivo nas súas pesquisas.

Ao mesmo tempo, o intento de Antón de poñer en marcha unha queixaría aproveitando a cooperativa gandeira de Vilasantos non consegue arrancar con bo pé. O primeiro paso foi buscar financiamento. Todos os seus intentos foron en balde ata que Lourenzo, despois de atopar o seu décimo agraciado cun premio da lotaría, interpúxose no seu camiño asegurando un investimento vital para o proxecto de Antón.

Logo comezou a busca do apoio institucional. Nunha reunión coa alcaldesa, conseguiu a súa axuda sempre e cando á queixaría obtivese un selo de calidade para o produto. A sorte de Antón empezaba a dar un xiro de cento oitenta graos, ata que Peixe e Abel fixeron acto de presenza.