Nava Castro, directora de Turismo de Galicia: «A nova versión é máis intuitiva, con novas funcións»

Nava Castro Directora de Turismo de Galicia


A última actualización vai permitir a tradución en inglés da aplicación

Amosar a seguridade de viaxar pola comunidade galega. Ese é o reto que teñen desde Turismo de Galicia para este 2021. Por iso a PassCovid será unha das ferramentas que compoñen a campaña Galicia, destino seguro.

-Que achega esta aplicación ao sector turístico?

-Ademais de poñer en marcha o bono turístico Elixe Galicia, o que estamos a facer agora mesmo é un seguro coronavirus destinado aos turistas. Esta medida se enmarca dentro das mensaxes de Galicia como destino seguro, e tamén trátase dun seguro complementario que ten como obxectivo cubrir gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos, de hospitalización derivados da contracción do covid. Todo isto vai complementado coa Passcovid, que nos vai permitir establecer unha mellor comunicación entre o centro de seguemento de contacto do Sergas máis os propios usuarios.

-Que cambios presenta a nova versión?

-Os principais cambios son que a nova versión é máis intuitiva, con novas funcións, posibilita a autodeclaración de contactos para as persoas que estiveron en contacto con un positivo. Permite tamén estar mellor localizado o rexistro de viaxeiros e outra das novidades é que se simplifica o acceso, evitando a obrigatoriedade de elixir entre usuario anónimo ou identificado. Xa se abre directamente. Se o usuario se identifica coa chave365 ten acceso a información personalizada e tamén ao estado covid.

-Pódena usar tamén os turistas internacionais?

-Precisamente a última actualización o que vai a permitir é a tradución en inglés para que saiban cómo se debe descargar, que é moi sinxelo. O compromiso é que se está actualizando. Desde Turismo de Galicia, todo o que pasan en galego e castelán o traducimos ao inglés e despois se volca á Passcovid.

-Como foros as primeiras reaccións?

-Cando empezamos coas webinars de divulgación, estábamos con menos de 3.000 descargas e agora xa estamos en 58.000. En realidade si que vemos que ten un resultado, xa non só exclusivamente para descargar o cartel de local con sentidiño, senón que tamén se empregan perfectamente as nosas preguntas sobre o covid e no noso teléfono de atención telefónica. Todo isto está recollido na aplicación e xa che da a resposta necesaria.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia: «A nova versión é máis intuitiva, con novas funcións»