O Bloque reúnese co sector da cultura de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

SOCIEDAD

MARTINA MISER

Os nacionalistas achegan varias propostas para tentar minorizar o impacto do covid-19

02 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Este xoves, responsables do BNG de Vilagarcía mantiveron una reunión telemática con representantes de distintos colectivos e de distintas áreas culturais «para valorar a nova situación e as posibles opcións de reorientación da actividade cultural neste contexto» creado polo covid-19. Os nacionalistas consideran «prioritario que dende a administración local se manteña o orzamento previsto para cultura, destinándoo agora si, aos creadores locais e facendo unha aposta firme pola cultura propia». Tamén cualifican como «urxente» a posta en marcha dunha plataforma audiovisual «que de xeito inmediato poida dinamizar a actividade cultural da vila e onde todas as persoas e colectivos que fagan actividades na mesma, sexan remunerados».

Ao mesmo tempo, din dende o BNG, «tendo en conta as novas medidas establecidas de desconfinamento, poderanse realizar outro tipo de actividades en pequeno formato, as que axudarían a colaborar na reactivación da situación sociocultural e económica».

O Bloque entregará no rexistro municipal unha serie de medidas. Entre elas, nomean a posta en marcha do consello da cultura, actividades en diferentes formatos para celebración de datas como as letras galegas, actividades «que celebren o desconfinamento progresivo e que colaboren con esa reapertura do sector hostaleiro e do comercio», a posta en marcha dunha canle audiovisual que unifique a actividade cultural da vila... Son todas propostas recollidas dos distintos colectivos e organizacións que participaron nesta xuntanza.