A identidade galega reflexada nun fular

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

La Voz de Galicia ofrecerá a partir do vindeiro domingo unha colección orixinal de panos inspirados nos patróns de Sargadelos reinterpretados por alumnos de deseño e moda

03 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

 A tradición de Galicia reinventada por unha nova xeración de creadores. Os deseños da marca icónica da comunidade actualizados e reinterpretados nun novo formato sen perder un ápice da súa esencia. Todo elo da como resultado unha colección única de fulares que o periódico porá en exclusiva a disposición dos seus lectores a partires do próximo domingo nunha innovadora promoción na que as formas habituais da cerámica saltan a unha tela lixeira de tacto sedoso e agradable. É o froito dunha alianza pioneira entre La Voz de Galicia, Sargadelos e Estudios Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga), adscrita a Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo.

As formas tradicionais de Sargadelos, ligadas a identidade e cultura galegas, foron adaptadas polos deseñadores mozos nun reto que lles propuxo La Voz e do que saíron máis que airosos. Os alumnos recibiron primeiro unha formación por parte dos profesionais da empresa, cos que participaron en varias sesións de traballo e cos que afondaron na historia e espírito dos seus deseños, e logo fixeron un traballo máis específico sobre gráficas para téxtil. Con todo o aprendido, os novos talentos puxeron logo en xogo a súa creatividade para perfilar os seus deseños. Das máis de trinta propostas presentadas foron premiadas dez, con 300 euros para cada un dos ganadores, aínda que finalmente foron sete as creacións que se imprimiron nos panos. Son, en tódolos casos, deseños orixinais e exclusivos, o que supón tamén unha oportunidade única da que acabarán beneficiándose os lectores de La Voz de Galicia.

«A nivel de deseño, Sargadelos é o referente de Galicia, polo que a idea de achegarse a nosa cultura e tradición para reinterpretala calou moi ben entre os rapaces, e os resultados foron moi atractivos, moi sorprendentes e moi frescos», explica Lola Dopico, a directora de Estudios Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia. O próximo domingo será a ocasión para comprobar como o talento ao servizo da esencia de Galicia convertese en moda.

A 5,95 euros máis o cupón do lombo do periódico

O prezo non será un obstáculo para que os lectores poidan beneficiarse da colección de maxifulares, unha prenda que ademais de lucir polo seu orixinal deseño tamén virá moi ben para evitar algún que outro resfriado nas frescas noites do verán galego. Poden conseguirse por 5,95 euros máis o cupón do lombo do xornal.

AS ENTREGAS:

Camuflaxe

10 de xullo. O primeiro fular da colección é un deseño de Fulya Villanueva Crespo.

Roncudo

21 de agosto. O último modelo en entregarse, con debuxos de percebes, é de Teresa Búa.

Ondiñas

24 de xullo. Esta vistosa creación foi a obra gañadora de Aida Mosquera Castro.

Páxaros

31 de xullo. A reinterpretación multicolor das aves pertence a Victoria Marques Tavares.

Vintage

7 de agosto. Raquel Barbosa Pereira é a creadora deste orixiñal deseño.

Fauna galega

14 de agosto. O penúltimo fular da colección parte da inspiración de Vanessa Parente.

Fetiches

 17 de xullo. Esta creación tamén é obra de Fulya Villanueva, que acadou dous premios.