«Levamos pouco tempo aínda para saber se o modelo funciona»

a. a. redacción / la voz< / span>

SOCIEDAD

26 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

De momento non é moi partidario Xosé Pereira de tocar o Plan Bolonia en España, como propón agora o Ministerio de Educación.

-¿Por que non se debe tocar o Plan Bolonia?

-Porque levamos pouco tempo aínda para saber se o modelo funciona. Vemos que a taxa de éxito sube nuns graos e baixa noutros, aínda que a tendencia xeral parece que é cara arriba.

-Educación quere cambiar o modelo de catro anos de grao e un de posgrao por outro de 3+2.

-Pero o modelo non se axustou ben e se agora facemos cambios radicais... Os estudantes de grao en Medicina están recén licenciados. É pouco tempo para saber se o modelo vai ben. Axustemos os elementos necesarios antes de acometer modificacións tan profundas coma a da duración dos títulos.

-¿En que se pode mellorar? Faga un pouco de autocrítica.

-Pois o traballo de fin de grao sería un elemento de control magnífico para ver que aprenden os alumnos realmente. En canto á empregabilidade, non entendemos qué é unha formación transversal, e un rapaz debería ter un coñecemento básico de cómo emprender.