Lembranzas

Marta Carro Pérez

SOCIEDAD

28 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Lémbraste de cando estabamos na nosa pequena illa no medio do mar, esa illa que non tiña nin tres quilómetros pero que era o noso lugar de evasión?

Lémbraste dos nosos corpos espidos, xuntos, dourados, mollados?

Recordas cando acariñabas cos teus pés todo o meu corpo e me susurrabas ao ouvido cousas que somentes ti e mais eu sabiamos?

Segues rememorando aqueles momentos nos que soñabamos con cambiar o mundo, con viaxar, con non ser coma os nosos pais, con ser aínda máis felices do que eramos?

Aínda evocas con tristura a fin daquel verán no que nos tivemos que separar?

Lémbraste, recordas, rememoras, evocas...? Porque eu... eu... xa non me lembro de nada!

Marta Carro Pérez (Oviedo, 17 anos).