Os premios da Noite Galega das Telecomunicacións distinguen á Consellería de Sanidade

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

SOCIEDAD

13 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? vindeiro venres, a asociación de enxeñeiros de telecomunicacións de Galicia fará entrega dos seus premios anuais na illa da Toxa. E, nesta edición, o director xeral de R, Arturo Dopico, recibe a mención como mellor enxeñeiro do 2006, mentres que o conselleiro delegado de Televés, José Gabriel Barreiro, é nomeado socio de honra. A nómina de galardóns da novena Noite Galega das Telecomunicacións complétase co premio ao mellor proxecto TIC (tecnoloxías da información e comunicacións) con beneficios sociais, que este ano recae na Consellería de Sanidade. Concretamente no plano de tecnoloxías e sistemas de información da sanidade galega, Rede S@úde, que permitirá iniciar a historia clínica electrónica nos hospitais galegos antes de que remate o ano, así como a creación de 700 novos postos sanitarios informatizados en Atención Primaria, con prescrición electrónica nos mesmos. A compañía coruñesa LambdaStream, recibe o premio á mellor iniciativa empresarial, mentres que Imaxin Software acada o galardón á mellor aplicación TIC polo seu programa Opentrad .