DENDE ESCANDOI | O |

27 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Coñezo unha señora, por exemplo, que ten que aturar noite tras noite uns estraños ruídos, coma dun roer sen descanso, que saen da parede e do faiado. Eu, estando na súa casa de visita, cheguei a sentilos, incluso, cando aínda era día. E ela quere facer non sei qué maxia rara para conxuralos. Pero se cadra, e non sei qué opinarán vostedes, igual tamén estaría ben poñer algo de veleno para os ratos...