DENDE ESCANDOI | O |
20 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Haberá un par de días, na terraza dun café, nunha hora moi fermosa que pasamos con Freixanes, sentinlle falar a Víctor, mentres unha andoriña de peito de nácara nos miraba desde un cable, dos camiños que levan a ese futuro (a capacidade de innovar, de segregar o fundamental do que non é importante, de facer cada día mellor o que cadaquén sabe; de xerar valor engadido, vaia), e quedei pensando. Quizais o mundo que soñamos para os nosos nenos poidamos ser capaces de edificalo entre todos. Con diálogo e creatividade. Pero desde hoxe. Porque nisto non caben escusas. Nin retrasos.