«Terra de Miranda» ofrece o capítulo «Cuestión de honor»

REDACCIÓN A CORUÑA

SOCIEDAD

22 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

A TVG ofrece esta noite Cuestión de honor, un novo capítulo da exitosa serie Terra de Miranda, producida por NTR. Nesta ocasión, a trama xira en torno a memorable partida de xadrez que tódolos anos disputan Amador e Alfonso, e na que este último se esforza por consegui-la victoria. O xogo terá ingredientes suficientes para rachar coa tradición, xa que Alfonso acepta a axuda da sobriña, Bea, para realizar unha xogada mestra, mentres se descobre que o cura leva anos aceptando a axuda de Servando. Así é como en Miranda nace unha nova contenda: a partida entre Bea e Servando. Mentres tanto, Brais e Froilán teñen problemas cun compañeiro que vai de matón da escola. Doutro lado, Metralla prepara o bar para darlle o recibimento que se merece a Van Morrison, pero os rapaces da vila non cren nada, ata que vén chegar unha limusina.