ARQUEOLOXÍA

La Voz

SOCIEDAD

XESÚS FRAGA

02 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

«A xuventude de hoxe só pensa en saír, divertirse e beber cervexa». Esta frase que podería pasar pola cabeza de moitos hoxe en día, pertence a unha taboa que se garda no Museo Británico. Procede dun xacimento arqueolóxico de Babilonia, e para o psicólogo Ramiro Álvarez é unha proba de que a preocupación polos excesos da mocidade non é nova. Se cremos as ruínas do pasado ou os contos dos avós, a diversión desmedida tamén forma parte da idade na que se descubre a vida, e ésta non se reduce a ebriedades e amenceres resacosos. Igual que as sociedades cambian no tempo, tamén os seus problemas se agravan ou perden peso. En Babilonia, os xoves poderían pensar en divertirse, pero o alcoholismo xuvenil ou os accidentes de tráfico son cuestións nada arqueolóxicas, e ás que a sociedade debe empezar a respostar.