A Asociación do Traxe Galego reúne máis de 100 prendas nunha mostra co gallo do seu 30.º aniversario
SANTIAGO CIUDAD

A exposición poderá visitarse na hospedaría de San Martiño Pinario ata o vindeiro 15 de xuño
31 may 2025 . Actualizado a las 21:21 h.A Asociación do Traxe Galego alzou o pano dos actos conmemorativos do seu 30.º aniversario coa inauguración da exposición «O traxe popular galego» no salón de peregrinos da hospedaría de San Martiño Pinario.
Na mostra reúnen traxes antigos completos, ou semicompletos, das catro provincias galegas. En total, máis de cen prendas. Ademais, inclúen réplicas exactas de prendas antigas das que só se ten coñecemento por fotos ou no caso de que o seu estado de deterioro non permite que sexan exhibidas.
A mostra inaugurada onte poderá visitarse ata o 15 de xuño de 11.30 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas de luns a venres. Os fines de semana haberá horario ininterrompido de 11.30 a 20.30 horas.