Taller de observación de aves e baños de bosque en Conxo

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

XOAN A. SOLER

A segunda xornada da Festa do Banquete ofrece este sábado tres actividades principais

25 may 2024 . Actualizado a las 04:50 h.

A segunda xornada da Festa do Banquete de Conxo conta este sábado con tres actividades principais. A lagoa de Cornes será, ás 9.30 horas, o punto de encontro para o taller de observación de aves. A bióloga e experta en fauna Rosa Fernández acompañará a un grupo integrado por un máximo de dez persoas por quenda cunha idade mínima de 8 anos. Será preciso levar prismáticos e non estarán permitidos os animais de compañía. A programación da Festa do Banquete tamén contempla, a partir das 10.00 e das 11.00 horas, o taller de baños de bosque. O grupo máximo é de 16 persoas por quenda e cunha idade mínima de 18 anos. Está dirixido por Merche Palomino. E este ano sumase ao programa festivo unha carreira de orientación, organizada polo departamento municipal de deportes. A saída será ás 11.00 horas dende a praza Aurelio Aguirre e con percorrido polo bosque do Banquete. Para o domingo queda o día grande, co pregón de María Luísa López, veciña de Marrozos.