Un cásting en As Cancelas busca concursantes para «Atrápame se podes»

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Paco Lodeiro é o presentador de «Atrápame se podes»
Paco Lodeiro é o presentador de «Atrápame se podes»

A selección de participantes realizarase este xoves en sesións de mañá e tarde

30 nov 2022 . Actualizado a las 20:58 h.

«Atrápame se podes», o programa da TVG presentado por Paco Lodeiro líder de audiencia na súa franxa de emisión (sábado a mércores, ás 22.00 horas), chega este xoves ao Centro Comercial As Cancelas na procura de novos concursantes en un cásting de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. A única condición para participar é ser maior de idade, e terán vantaxe as persoas espontáneas, divertidas e que teñan a ilusión de conseguir un bote que nestes momentos supera os 63.000 euros.

Para as persoas que non poidan acudir a As Cancelas, hai varias canles de comunicación para enviar a candidatura. Pódese adxuntar un vídeo de presentación de máximo 3 minutos e os datos persoais e de contacto (nome completo, teléfono, idade, lugar de nacemento e ocupación) por wasap ao 629 613 376 ou ao correo atrapamesepodes@crtvg.gal.

O concurso vai un paso máis aló do típico programa de preguntas e respostas. Baixo a condución de Paco Lodeiro está garantido o humor, a música e a retranca. Non faltan as preguntas con chiste,  algunhas de pillar e tamén as de máis puro coñecemento. 

O concurso leva repartidos máis de 75.000 euros, entre eles un bote de máis de 12.000 euros. Despois da primeira fase de benvida, da fase 2 e da fase 3, só dous concursantes chegan á final. Se un dos finalistas é capaz de acertar cinco preguntas de xeito consecutivo, leva o bote. No caso de cometer algún erro, a persoa que chegue igualmente ao quinto chanzo gañará 200 euros.