Precedentes que datan de hai unha década

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

O campus de verán que funcionará a partir deste ano no Courel ten un precedente directo nos cursos bianuais que a USC viña organizando no municipio desde hai unha década, que sempre se centraron en cuestións relacionadas coa conservación e xestión dos espazos naturais. Nestas actividades -que se desenvolveron primeiramente no colexio público de Seoane e despois no centro sociocultual da mesma localidade- participaron cerca de medio centenar de profesores de diversas universidades e outros expertos nestas materias. A última edición destes cursos celebrouse en xullo do 2007.

A estación científica que albergará estas actividades académicas a partir do ano próximo está en construción desde o pasado 25 de novembro. Segundo explica Javier Guitián, os traballos víronse un tanto obstaculizados polas fortes nevadas deste inverno, pero na actualidade recuperaron o seu ritmo e avanzan sen maiores dificultades. Os responsables do proxecto esperan que as obras poidan finalizar entre novembro e decembro, se non surxen máis contratempos. A USC conta ter preparado o equipamento do centro para que poida comezar a funcionar inmediatamente despois do remate das obras.