En recordo dos mozos e mozas

SANTIAGO CIUDAD

HAI UN CABALO branco de Santiago que chegou tempo atrás, uns trinta anos, que non veu a matar mouros e que adicouse a desfacer vidas e familias. Aínda escóitanse as pisadas da heroína, un xinete inmisericorde, que visitou Compostela para tramar unha vinganza atroz contra aqueles que un dia ousaron soñar coa felicidade. Na memoria de moitos cidadáns hai un inmenso camposanto onde repousan mozos e mozas, con nomes e apelidos, que morreron ás mans desa silencionsa asesina en masa. No barrio de Vite, hoxe tan esplendoroso e anovado, sabénno moi ben. Ou en Pontepedriña ou en Conxo. E mesmo na zona nova. A mellor noticia, a mellor homenaxe ás víctimas e seus familiares é ter noticia de que, en dez anos, lograron sair da droga unhas setecentas persoas en Santiago. A eles, ós que traballan a reo contra o cabalo branco de Santiago van adicadas estas liñas. A iniciativas como Proxecto Home, a xente como Raimundo García. A todos os que, en silencio, día a día, erguénse para sorrir ante o abismo. Para que nalgún tempo, non moi lonxano, o único cabalo branco de Santiago sexa o do Apóstolo.