A toda vela para render tributo a Rosalía

La Voz

PADRÓN

cedida

Participaron 28 embarcacións tradicionais, que navegaron polo Ulla e o Sar ata Padrón

04 ago 2019 . Actualizado a las 02:06 h.

A homenaxe marítima a Rosalía de Castro colle pulo. Na nova edición da «Inchadiña branca vela» -lembrando os versos da escritora en «Cantares gallegos»- participaron 28 embarcacións tradicionais, case o dobre que noutras ocasións. Chegaron desde a ría de Vigo, a de Pontevedra, Ribadeo e, na súa maior parte, da ría de Arousa, principalmente de A Illa e Cambados. Foi unha travesía polo Ulla e o Sar dende a praia fluvial de Vilarello (Valga) ata Padrón, onde houbo unha homenaxe diante da estatua da poeta.