«O máis difícil é evitar a exclusión, que nos acepten»

PADRÓN

Francisco Javier conseguiu un emprego fixo, tras pasar varios anos «de traballo en traballo»<span lang= es-es >. </span>
Francisco Javier conseguiu un emprego fixo, tras pasar varios anos «de traballo en traballo». sandra alonso< / span>

Participou en Madrid nas probas específicas para persoas con discapacidade, que preparou con axuda de Fademga

24 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A primeira vez que se presentou a unhas oposicións, Francisco Javier Martínez Gomila, de 40 anos, veciño de Lavacolla, conseguiu unha praza de Ordenanza para o Instituto Social de la Marina, na Coruña. Participou nas probas específicas para persoas con discapacidade e o Ministerio de Administracións Públicas xa confirmou o seu aprobado.

-¿Como valora a súa experiencia laboral e esta nova praza?

-Traballei case 13 anos nunha compañía de Santiago, e 6 meses máis nunha empresa de Padrón. Tamén fixen probas nun quiosco, e non me contrataron porque dixeron que tiña mal carácter, o que non é verdade. Cando deixei o último emprego, en Padrón, decidín preparar a oposición.

-¿Foi difícil a preparación?

-Non. Estudaba na casa e viña ás aulas a Fademga, onde me axudaron moito Marco, Manel, Paula e Sabela, orientadores que nos deron o curso. O máis difícil foi o tema sobre lexislación. O exame foi en maio, e en febreiro xa o tiña máis que preparado.

-¿Como lembra o día do exame?

-Foi en Madrid. Para min foi fácil. Había 25 preguntas e só fallei unha. De 60 persoas que fomos de Santiago con interese nesa praza fun quen a conseguiu. Estou moi contento, e volvería a pasar por unha experiencia así.

-¿Que significa ter aprobado?

-É unha oportunidade moi grande para min, para conseguir unha estabilidade laboral; pois antes andaba de traballo en traballo. Por iso lle recomendaría que se preparase e que o tentase a calquera persoa en situación semellante á miña.

-¿Que espera do novo traballo?

-Estou esperando que me chamen para tomar posesión, confío en que sexa canto antes, porque así aprenderei máis rápido as tarefas que me encomenden.

Penso que vai ser unha gran experiencia. Fun ver onde vou traballar, ao pé do porto da Coruña, e espero seguir moito tempo; oxalá me xubile alí. Estar nun organismo oficial pode significar moito na miña vida.

-¿Que é o máis difícil para conseguir un emprego para unha persoa con discapacidade?

-O máis difícil é evitar a exclusión, que nos acepten, porque por máis que unha persoa teña unha discapacidade, podemos traballar como calquera outra, aínda que ás veces nos leve máis tempo.

francisco javier martínez gañOU unha praza por OPOSICIÓN