O brionés Raúl Gómez gaña o premio de poesía Ardeiro

Emilio Forján

NEGREIRA

FORXÁN

A estradense Ángeles Madriñán quedou segunda

21 dic 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

A sétima edición do Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, que o Concello de Negreira falla anualmente en lembranza do poeta finado o 21 de nadal de 2007 en Ferrol, foi para Raúl Gómez Pato, por Residuos de chamas flamexando, baixo o pseudónimo de Barca de tinta. Este veciño de Brión xa fora finalista na pasada edición con Círculo. A estradense Ángeles Madriñán González, con Animais e outros deuses, foi a finalista. En total, este ano presentáronse 24 propostas.

O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, fíxolle entrega do premio dotado con 700 euros. Ademais, o poemario gañador será publicado pola Dirección Xeral do Libro. A finalista recibiu un premio de 300 euros. Ao acto asistiu o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo.