Melide rescata o termo «ichoas»

O vocábulo en desuso significa porta e identifica unha zona que no século XIII era de entrada ao derruído castelo medieval


melide / la voz

Xosé Manuel Broz e Xaquín Vázquez deron a man para firmar un novo capítulo que será testemuño do pasado medieval de Melide. Mestre e estudoso da historia local, un, e filólogo e tamén estudoso, pero da toponimia melidá, o outro, o cruce de coñecementos entre ambos deu resposta a por que no rueiro da vila se identifica como As Ichoas a zona do casco antigo entre a rúa Dr. Alberto de la Fuente e O Castelo. «É un gran descubrimento que pon en valor a nosa historia medieval», afirma Broz. «E algo excepcional», engade o seu compañeiro de traballo, logo de explicar que permite recuperar o significado etimolóxico de ichoa, un termo «que se perdeu no galego actual, pero que conserva a toponimia de Melide», indica.

O vocábulo procede dun diminutivo da voz latina ostium, que significa ‘porta’, ‘entrada’. E é atendendo a esa definición como se explica a presenza das Ichoas no rueiro de Melide, que localiza a zona entre a que sería a barbacá e a porta de entrada ao derruído castelo medieval da vila, unha construción da que pouco máis sobreviviu que a toponimia.

Broz e Vázquez publicarán no boletín do museo etnográfico da comarca un detallado estudo sobre ese vínculo da historia e a toponimia locais, que a Broz xa lle espertou a curiosidade sobre a orixe dun muro que pecha propiedades nas Ichoas. «Posiblemente sexa parte da muralla-cerca do castelo, pola coincidencia no trazado dende a barbacá, que era a porta defensiva, e a porta do castelo».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Tags
Comentarios

Melide rescata o termo «ichoas»