21 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
Vintecatro mozos do concello de A Baña están a disfrutar do seu campamento de verán nas instalacións do campamento xuvenil Virxe do Loreto, no municipio costeiro de Porto do Son.
Tratáse dunha quenda única que remata o vindeiro martes, pero que están a gozar dun tempo inmellorable para o baño nas augas da praia de Aguieira. Aínda que as actividades que desenvolven os mozos bañeses non se fan só na auga senón tamén en terra firme cunha chea de actividades de lecer e tempo libre en contacto coa natureza.